día y hora

lunes, 3 de septiembre de 2012

O REFERÉNDUM DAS AUTONÓMICAS-publicado no Faro de Vigo, 16-09-2012


 
 

 O REFERÉNDUM DAS AUTONÓMICAS

Abofé que as próximas eleccións Autonómicas de Galicia e o País Vasco van ser un barómetro ó xeito de pequeno referéndum da situación actual da crise, tanto política coma económica, do Estado, en ausencia dun gran referéndum coma contempla a nosa Constitución no seu artigo 92, malia estar xustificado debido “ás decisión políticas de especial trascendencia” que o Goberno non deixou de aprobar dende que chegou ao poder fai menos dun ano. Si soubéramos os cidadáns todas as medidas de gran calado que ían ser publicadas no BOE en tan pouco tempo, e que socavan, non só a nosa moral, senón os nosos aforros, coido que o resultado electoral do 20 N sería ben diferente. O que acontece é que a alternativa política-daquela no Goberno-, estaba máis queimada que as nosas fragas este verán.

            Unha cousa é que nos apremien os mercados e tamén algún país aliado europeo que aperta e axusta ó noso déficit cun desaparafusador “made in Germany”, e outro ben distinto que teñamos que presenciar amoucados e anestesiados á propagación de tantos RDL, descoñecendo atordados cántos recortes máis teremos que sofrir.

            A situación actual de incerteza e a galopante perda de dereitos básicos é insostible, e ben merecería a convocatoria dun referéndum que contase coa participación directa dos cidadáns. As eleccións autonómicas do 21 de octubre son para o noso Goberno tan importantes que tanto o País Vasco coma Galicia foron agasalladas co maior investimento real nos orzamentos xerais do Estado para este ano. Casualidade?

 

No hay comentarios: