día y hora

viernes, 16 de noviembre de 2012

CHEIROS PROFUNDOS, publicado en el Faro de Vigo, 18-12-12


CHEIROS PROFUNDOS

 

Hai cheiros que poden pasar pola nosa vida sen pena nin gloria, desapercibidos; e outros, pola contra, tan profundos que deixan un recendo na nosa pituitaria do nariz que permanecen para sempre gravados na nosa memoria.

Só hai que meterse nun bus, por exemplo, si é urbano e no inverno mellor, para bater cos nosos fociños, ás veces, cun cheiro penetrante: unha mestura a “nenuco”, naftalina e chamusco que asolaga o corredor do bus, de proa a popa.

Ás veces, estes cheiros esváense polo efecto da física cuántica e quedan no aire, en suspenso, coma partículas sudoríparas anónimas. Pero outras, teñen nome e apelidos e o nariz lévache sen remedio a un destes viaxeiros que mesmo cheiran que alcatrea, coma si desde que foran bautizados non se lavasen na súa vida.

Xa coñecemos que hai crise, e que alguns non poden mercar “chanel nº 5”, pero eso “non é óbice nin cortapisa” para que, en prol dunha sa e pacífica convivencia, procuremos entre todos ter un mínimo de decoro. Para esto non fai falla moito, só un pouco de xabón e auga, porque tampouco se trata de ser ben xeitosos ou ires peiteados coa raia ao medio todo o día.

O que verdadeiramente ponche fóra de cacho é cando algún viaxeiro que vai de pé bate as ás levantando o brazo-xa sexa o dereito ou esquerdo-, para agarrarse como poden da varanda do bus. Aí é onde miras e percibes ese cheiro penetrante que ven das profundidades insondables daquel corpo e que no verán sae, sen dúbida, do suor do seu sobrazo, e que deixa un cheirume en todo o perímetro que non o esquecerás mentres vivas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Terroristas del sobaco.
Con alergia al agua y jabon.
Avelos ainos, ocaso e dar con eles.