día y hora

sábado, 27 de abril de 2013

UN SORRISO -do meu Poemario, "Mirafondos"

UN SORRISO
Unha mirada cómplice,
un aceno agradecido,
e nun chiscar de ollos
un artigo divertido.

O anoxo primitivo
dun día triste e aciago,
convértese nun sorriso,
no intre axeitado,
cando a pluma sutil e certeira,
a miúdo con ironía,
ceiba un dardo envelenado
apuntando a felonía
dun sorriso acedo e forzado.

Ogallá!, ao ler o meu artigo,
mesmo arrebátoche un sorriso
que percorra a túa faciana,
coma unha airexa nova,
que alede o teu corazón,
pois non é outra a miña intención
cando penso no que escribo.

No hay comentarios: