Unha esquela moi sentida
Estamos
acostumados a ler a miúdo as esquelas que adoitan pór os xornais nas súas
derradeiras páxinas. Por iso, aqueles que ollaron o Faro de Vigo do pasado
domingo, día 2 de Xuño, atopáronse, non cunha esquela, senón, cunha merecida
homenaxe a unha persoa que viviu, sufriu e disfrutou da súa paixón, que era ao
mesmo tempo o seu traballo: o Mar.
O texto desta merecida homenaxe (o meu
parabén ó autor) está redactado cunhas palabras moi sentidas, sinxelamente
marabillosas, que fixeron remexer en min o alicerce da nostalxia e admiración,
ao mesmo tempo, polos nosos devanceiros e por todas aquelas persoas que
traballaron no mar: “zarpou á vida........e atracou na súa derradeira marea”(sic).
Qué xeito tan poético de citar o principio e o final de toda unha vida adicada
aos seus e ao seu traballo no Mar. “El mar. La mar/El mar. ¡Sólo la mar!”
(Rafael Alberti,marinero en tierra (1924).
Co permiso da familia do finado,
aproveito para estender este recoñecemento tamén aos meus, meu Pai e meus Tíos,
meu Padriño, que xa non están entre nós, a todos aqueles que deixaron a súa
vida nas profundidades dese ponto inmenso azul, e aos que aínda hoxe continúan
a súa singradura polos sete mares, lonxe da súa familia, dende o Gran Sol ata
as Malvinas, Namibia, etc.
Axiña chegará o 16 de Xullo, día da
virxe do Carmen, patrona dos mariñeiros e, de novo, navegaremos xuntos pola
enseada de Bueu, poñendo proa á Rosa dos ventos, namentras un serviola, pola
amura, non lle perde de vista á tripulación, rendéndolle, deste xeito, unha
merecida homenaxe aos nosos mariñeiros.
procesión da virxe do Carme, Bueu |
No hay comentarios:
Publicar un comentario