día y hora

lunes, 28 de noviembre de 2011

Manolo Lemos. O sabio da fraga. O home que susurraba aos carballos.


a fraga do morrazo

o sabio coa súa teima

 o fin do camiño

Despois do que aconteceu no día de onte cando fixemos unha incursión pacífica ao país irmán Portugal, visitando Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho, e xantar un saboroso bacalhau á brassa, compre facer hoxe domingo unha cura de desintoxicación. Temos que  facer coma as cabras, tirar cara o monte. E qué millor que contar coa experiencia e a sabedoría dun home feito a se mesmo,
coñecedor do máis mínimo recuncho da fraga, dotado con un GPS intelixente que xa quixeran os científicos da Nasa, capaz de, cos ollos pechados, guiarnos por esas  corredoiras e vieiros impenetrables. Partimos cedo dende O Piñeiro en Moaña para atravesar os montes do Morrazo e chegar a unha aldea pequena e fermosa que se chama Pastoriza nos lindeiros de Marín. Recoñezo que a primeira vez que fun invitado por este sabio da natureza para compartir sendeirismo polos roteiros do Morrazo non daba creto ao que acontecía, Non pode ser que estando en Moaña hai un chisco  esteamos de súpeto en  Coiro, Cangas, Hermelo, Cela, Bueu ata chegar a Pastoriza en  Marín dun xeito case máxico, pensaba, Pois sí, decíame él , porque os camiños da fraga son inescrutables e sempre temos que escoitar o que nos di a cada paso as árbores, os piñeiros, nogueiras pero sobor de todo aos carballos. Eu quedo coma un parvo escoitando a este  sabio filósofo que mesmo fálache dos mercados coma dos sicarios dun xeito doado, é coma ter unha clase particular na ágora da fraga, o seu mundo. Como di Bob Dylan na súa célebre canción Blowing int the wind, “a resposta témola no vento”.

No hay comentarios: