.....Poeta do mar e dos camiños, buscando sempre o niño da inmortalidade……. (poema da canción do mesmo nome, Milucho).
día y hora
viernes, 2 de diciembre de 2011
XAROPE DE UVA. SOMOS SOLIDARIOS. 1ª CARREIRA POPULAR, SOLIDARIA E NOCTURNA BEMBRIVE
Grupo Folk Xarope de Uva
A culpa foi dos megapixeles de M.Olegario(Too Much, my friend)
Por fin vaia chegar o gran día, mañán sábado día 3 de
decembro de este funesto ano (este calificativo ten que ver , xa sabedes, coa
teima da situación económica, o paro, os mercados, a curmá de risco, os
especuladores, ect) o noso grupo Xarope de Uva imos a actuar como artistas
invitados na 1ª carreira popular
solidaria nocturnaen Bembrive. O de solidaria e fácil
entendelo pero o de nocturna xa me
costa un pouquiño :¡ Cómo raio van a
mirar os solidarios atletas a pista de atletismo!; ¿quere decir isto que van
percorrer as rúas provistos de fachos encendidos coma se fose a antesala das
Olimpiadas?, teremos que estar atentos ao desenrolo da competición. Dito isto, temos que facer algunas
consideracións verbo da nosa actuación estelar. Xa coñecedeso meu interés case enfermizo pola filosofía;
pois resulta que un tal HeráclitodeÉfeso (540-480 a.C.)xa dixo daquela :”Todo fluye”. ¿E isto qué diantre quere decir?. Pois moi
simple, ven a serque Todo, e cando digo Todo e Todo, todiño, está
enmovemento e nada dura eternamente. ¡Qué home máis sabio! Pois o certo é que o noso grupo antes
chamábase O Son das Ondas, e por mor
de circunstancias que no veñen ao caso, ou sí, según se mire, e despois do multitudinario éxito acadado no
derradeiro concertonaA Rúa, provincia deOurense ( non é que tocásemos na rúa, que
tamén, é que a Rúa de Valdeorras (que non de Petín coma din outros) é un lugar
case no fin do mundo donde Xesucristo perdeu as sandalias,a un chisco da comunidade autónoma de
Castela-León, e que tardamos máis de 3 horas en chegar alí e perto de 4 en
volver; o motivo de este desaxuste horario ainda hoxe é todo un misterio para
min) o pasado día 30 de Xullo (mesmo
nos querían contratar para ir a Eurovisión); pois repito que o noso grupo mudou
por un nomeque, de verdade a mín nin me
vai nin me ven, pero que democráticamente resultou das urnas dos compoñentes, Xarope
de Uva, un antollo coma outro calqueira. Para min o nome favorito
era e segue a serPAR DE NÓS,sempre o sigo
decindo de boca para fóra, non vaia a ser que Paula, Lorena, Tania, Manolo, pero sobre
todo Pepe o artífice coido do nome de marras se ofendan. Pero así é a
democracia. Pois como ía deci,r mañán tocaremos en Bembrive, organizado pola
Entidade Menor Local do mesmo nome. Como xa dixen noutro artículo, tamén
góstame de botar de cando en vez alguna locución latina porque os avogados
somos así, qué lle imos a facer, i en este preciso intre hai que decila sen
máis preámbulos: “Alea Jacta es”, o que é o mesmo “ a sorte está botada”, frase que pronunciou un día como
outro calqueira aquel emperador romano chamado César. Agardemos que os nosos conveciños de Bembrive teñan a ben
amosar un respeto profundo á nosa actuación, como sempre o fixeronata o de agora , pois os paisanos de San Blas,
que é o patrono de esta fermosa parroquia de Vigo, son moi agradecidos cos
músicos i en xeral coa xente da farándula. Somentes para rematar vou mencionar
un pequeno
incidente diplomáticoque non chegou a maiores por mor dunha
fotografíado grupo publicada no diario
Faro de vigo do día 28 de Novembro. Explícome: nesta foto como veredes “non
son todos os que están pero sí son todos os que son”, ou é ao revés,
menuda liada teño enriba. Eu estiven a piques de provocar un cisma maior do que fixo a
Iglesia nos anos 1378-1417( tamén chamado Cisma
de Occidente pois houbo neste tempo dous Papas, o de Roma e máis o de
Avignon), e mesmo pensei poñer un título:”esqueceron a Milucho-Sabotaxe
malintencionado-exclusión imperdoable-o que se mova na foto non sae-Milucho non
existe, etc”, porque na devandita foto non
aparece Milucho por ningures, ou sexa un servidor, ou se aparezo éen forma de Espírito Santo, cousa que non me
fai ningunha gracia, pois coma xa
sabedes son agnóstico convencido;
¿Convencido de qué?, pois de todo e de nada ao mesmo tempo, porque coma decía Sócrates o filósofo (470-399 a.C.) o persoaxe máis enigmático de
toda a historia da filosofía “Só sei que non sei nada”, e así
quedou tan pancho. Deste xeito non tiven máis remedio que facer unha sentada antes do ensaio e reinvidicar a miña proclama: "MILUCHO TAMÉN EXISTE". O que acontenceu, explicoume Manolo Olegario o alma mater do grupo, foi queél enviou a fotocomposición ao Faro de Vigo con todos os compoñentes do
grupo, nin máis nin menos, pero por mor dunha conspiración xudeo masónica ou
vai tí a saber o qué, e tamén por mor dos Megapixeles
do carallo (así mo dixo con estas
verbas tan rotundas), a foto se descompuxo
dando como resultado esta fotodescomposición, ou sexa, dito en
linguaxe para que se entenda, descompúsoxe a foto, desaparecendo
misteriosamente Milucho de ésta. Así é a vida mesma, cruel coma ela sola. O incidente non chegou a maiores coma xa dixen
antes, ien boa armonía fixemos as paces e preparamos no
noso estudo de grabación, o concerto para este día tan sinalado. Mesmo tivemos
tempo para facer algúns chistes, axudando deste xeito, a disipación do
malentendido, igoaliño ca brétema no verán, esvaese axiña, e nós somos homes e
tamén mulleres que temos un saber estar e unha dignidade .O que non entendín
moi ben foi o que aconteceu a piques de
concluir o ensaio cando a miña querida amiga Lorena, pequena pero moi
pavera ela (xa sabedes o que di o dito
popular, a muller é coma a sardiña canto máis pequena máis feitiña) dixo aquelo de:
¿Déixasme proba-lo teu clarinete?, eu díxenlle, Tí mesma, e despois dun rato
soltoume a frase que me deixou descolocado,
e mesmo estiven toda a noite rosmando nela : O teu clarinete é maís duro co de Carlos. Unha de duas: ou eu son moi
corto, que tamén pode ser, ou esto último non o entendín, preguntareille mañán
antes do concerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario