día y hora

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Poldo Mosquera, meu amigo, meu cuñado e home que leva o mar nas súas veas

Poldo e a súa dona Mela, unha máquina da costura, e millor persoa.

Xa mo dixo a miña muller e tamén cuñada de Poldo: Mira que adicarlle unha entrada no teu blog a Javier Amigo, o teu amigo, e non facelo co teu cuñado Poldi, non tes perdón de Deus e ademáis, non ves que se pode mosquear (non o sei se o dixo tendo en conta o seu primeiro apelido), Non ves que  mesmo podes crear un conflicto diplomático, Mira, díxenlle,  o que non pretendo de ningún xeito é crear ninguna liorta e menos diplomática, eu son ante todo garantista do dereito internacional e ademais persona de boa fe, tí sabes que os bos viños, e non me refiro aos de andares por casa, teñen que permanecer un tempo na pipa de carballo, non americano senón do país, para que adquiran esa categoría de excelencia vitivinícola que só os bos caldos teñen, poño por caso o Vega Sicilia, o Protos  Gran Reserva, agás do albariño carabuxeiras de meu amigo Manolo Lemos, xa sabedes, o sabio da fraga, o home que susurraba aos carballos. O mismiño que os meus ensaios, artigos e Miluchadas filosóficas. Por eso, este artigo está adicado ao meu amigo e cuñado Poldo. Non podía ser doutro xeito, estivo un tempo, nin moito nin pouco, “sino todo lo contrario”, nunha pipa (barrica) de carballo especial importado expresamente dende as fragas de Hermelo en Bueu, no Morrazo Oriental. Poldo ou Poldi, tanto ten, o meu amigo e cuñado, é un home que xa algúns  o calificaron como  POLDIFACÉTICO (qué acertado calificativo); tanto está pescando chocos no peirao do Berbés (ten máis de 50 canas de pescar e perto de 200 poteiras, non é broma, eu vinnas), como collendo cogumelos no monte, coma tocando a guitarra e cantando unha foliada, como arranxando un reloxo de pulseira marca CITI-QUÉN, coma  podando con moito coidado un bonsái, como participando activamente en calquer evento musical. Sen a súa presencia festas coma a de San Blas en Bembrive non terían ningún sentido: ¡A cabeza non para!, ese é un dos seus lemas preferidos, pero ten outros , xa veredes. Outra da súa faceta é ser LARPEIRO por natureza, tanto lle da un caldo de galiña ben quente coma marisco de cortello (ou sexa cocido), coma marisco de verdade, e aquí é un auténtico  catedrático de moito coidado. Debido a súa ascendencia mariñeira- naceu no barrio mariñeiro de Poboadores,( a cuna da canción de Taberna)-quedoulle un estigma de por vida que fixo posible a súa formación musical e mesmo gastronómica. É todo un experto en centola da ría, camaróns e nécoras, e rilla neles coma se estivese saboreando pipas facundo, é unha máquina de degustar marisco. Pero sen dúbida, a característica máis importante, temos que decilo, é que sen Poldo non hai festa posible, e con él temos festa rachada garantizada seguro (coma os fondos de inversión dos de antes). Por iso o seu lema favorito, que é ao mesmo tempo a súa filosofía de vida ven decindo:” Eu cando pesco canto, e cando canto procuro pescar”. Estas verbas tan sabias somentes poden saír  dun home que leva o mar nas súas veas. Poldo, meu amigo e tamén cuñado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O meu cuñado Emilio, asi gústame que sexas creativo, Sen ningunha dúbida unha boa descrición da miña persoa. son home inquieto por natureza, nunca me abandono o neno que levo dentro, e do relatado hai algo que é pleno ao quince(centro da diana), que é que polas miñas veas corre salitre mariño, forma parte do meu ADN, o meu sinal de identidade ,o que me distingue dos demais, sou Airiños do mar.

Un abrazo e longa vida ou blog

Poldiño