día y hora

domingo, 27 de noviembre de 2011

MENOS MAL QUE NOS QUEDA PORTUGAL

(Sábado, 26 de novembro 2011)

Hoxe imos cruza-la  "raia” para pasar o  día no país irmán, Portugal; Lusitania provincia romáa alá no século II a.c.;  a terra de  Luís de Camôes,  Pessoa ,  de Saramago e tamén de  Cristiano Ronaldo . Coma quen di Portugal está a tiro de pedra. O noso destino é una fermosa vila que se chama Vila Nova de Cerveira a pouco máis de media hora de Vigo. O día preséntase cun ceo limpo e  unha temperatura morna; é finales de novembro pero o sol quenta  docemente.  En Vila Nova de Cerveira  hai feira tódolos sábados pola mañán e podes atopar dende un limoeiro ata unha camisa lacoste. Isto de ir á Feira é unha desculpa  coma outra calqueira; o que verdadeiramente imos facer  é comer  bacalhau (nome científico Gadus morhua, linnaeus 1758).¡ Cómo preparan o bacalhau este amigos portugueses......qué arte! Con esas lascas tan branquiñas, a cebola que non pica e tamén os cachelos, todo isto con unha fartura pantagruénica. Sentados na mesa do restaurante damos boa conta das viandas e o viño que nos puxeron.¡ Mira que eu teño  bo dente!, pero  Poldi e Amigo non quedan  atrás, revíranselle os ollos ao  ver as dúas fontes de bacalhau grelhado  enriba da mesa. O caso de Amigo é un tema aparte, mira que rilla no pan, mesmo semella o fillo dun padeiro . Despois de toma-lo café e xa que a noite non tardará en chegar, viramos cara á Vigo, pero antes facemos unha paradiña  obrigatoria na pequena vila de Valença do Minho , visitando a súa Fortaleza  e percorrer as súas rúas empedradas, visitando as  moitas tendas  que alí hai. Imos a Vigo con unha sensación de ledicia lembrando que, a pesares da curmá de risco, a inflación, a débeda soberana, as liortas políticas e os teimudos mercados, sempre poderemos dicir a bocas  cheas: ¡MENOS MAL QUE NOS QUEDA…….O  BACALHAU DE PORTUGAL!
O bacalhau

Os larpeiros

Os feirantes

O corte inglés da Fortaleza

No hay comentarios: