día y hora

lunes, 13 de febrero de 2012

TEÑO GRAFOMANÍA (Conversas coa miña Dorna)

Faro da illa de Ons

TEÑO GRAFOMANÍA (Conversas coa miña Dorna)
Estou verdadeiramente preocupado, E por qué, respondeume a miña Dorna, Pois voucho a dicir: Onte fun ao médico porque dende hai algún tempo teño unha sensación allea que me corroe as veas, e despois dunha exploración a fondo diagnosticoume con estas palabras, Milucho ti tes o padecemento da GRAFOMANÍA e, mal que che pese, es un GRAFÓMANO de moito coidado. Eu quedei nese mesmo intre sen sentido, a faciana esbrancuxada, os ollos birollos, as mans trementes, en definitiva, vin derreado. A pouco máis esborréxome da cadeira. Despois deste lapso, pregunteille de boca para fóra, Doutor, pero esta doenza é algo serio, Pode ser que sí, e tamén pode ser que non, respondeume enigmáticamente, i entón decateime que o meu médico era filósofo, e pensei: ¡Carallo, igualiño que Rajoy! Xa postos en igualdade de condicións  quedei algo máis tranquilo. Na anamneses do galeno (médico grego do século II) quixo coñecer os antecedentes familiares e persoais da miña doenza, e soltoume aquelo de, Tí de quén ves sendo, Eu contesteille que esta teima coido ven de atrás no tempo, pois teño uns curmáns que traballan no mundo da información periodística, e unha curmá catedrática de literatura española, e que esta incontinencia na utilización da palabra escrita xa a tiña noutra vida anterior. Ao dicir isto o galeno asentiu con un aceno de complicidade. Pero, ten cura señor Doutor, Milucho, penso que non, vas ter que levar esta teima  durante toda a túa vida. E lembreime nese intre do mito de Sísifo, de Ulises e de tódolos filósofos presocráticos.
Nota: Definición de GRAFOMANÍA(do grego Grafo e Manía): Manía de escribir ou compoñer libros, artigos,  etc. Definición de GRAFÓMANO: Que ten grafomanía. Ú.t.c.s.

Nota Final: Esquecín decirvos que como non existe medicamento para a miña doenza o médico aconsellóume o seguinte: "Milucho, aproveita os ventos favorables que che ofrecen os Deuses nestes intres da túa vida e pon proa a esa Ítaca particular que é a illa de Ons; mentres navegas escoita a fermosa canción do grupo Queen "Don´t stop me now" que quere dicir "non te me deteñas agora", con esa voz inimitable do malogrado Freddy Mercury,

1 comentario:

Anónimo dijo...

disculpa ¿ podrías ver el comentario del día 11? y contestarme , por fa ??tal vez un mail donde pueda escribirte o ,ya sabes quien soy y pasas ampliamente?