día y hora

sábado, 18 de febrero de 2012

O PERCEBE E A FLEXISEGURIDADE

"burato do inferno", illa de Ons

O PERCEBE E A FLEXISEGURIDADE

Ollei o Faro de Vigo o pasado sábado día 18 de febreiro, como adoito facelo, dende cartas ao Director e recuando atá chegar á portada (unha teima coma outra calqueira), e fixeime nunha nova que me deixou gratamente abraiado. Seica unhas mulleres de Oia e A Garda  veñen de pór en marcha un proxecto chamado “A Percebería”, que ven sendo unha cooperativa que, disque, sen intermediarios e a un prezo xusto, van vender por internet o noso crustáceo máis saboroso, o PERCEBE, ou se queredes chamalo tamén polo seu nome centífico “pollicipes cornucopiae”(Leach, 1824). Mesmo van facer visitas guiadas para que os ponteciais clientes teñamos de primeira man o coñecemento e comprobemos “in situ” de qué xeito adoitan extraer o devandito marisco das rochas batidas polo mar ferido. O segundo titular non pode ser máis siñificativo:”Queremos dar un pulo a este proxecto…..e sair do burato”, disque.

Estas afoutadas empresarias, coido que xa coñecen a Reforma Laboral, porque son o prototipo de mulleres FLEXISEGURAS i EMPRENDEDORAS, e co tempo, mesmamente poden acadar as súas propias franquicias e ser merecedoras das axudas que contempla a norma recén estreada. As galegas, e os galegos tamén, somos así. Con ese minifundismo autárquico que nos caracteriza, somos quen de pretender, ao mesmo tempo, a flexibilidade e a seguranza necesarias para acadar as nosas ilusións. Queremos ter algo seguro na nosa vida e a independenza imprescindible para non vernos sometidos ás rixidezes e ás ordes dunha empresa tradicional con esas eventuais modificacións substanciais das condicións de traballo, mobilidade xeográfica, ERES, despidos obxetivos, descolgues nos convenios colectivos, e outras caralladas semellantes. Meus parabéns para estas mulleres emprendedoras e que saiban que contan con todo o meu apoio. O de sair do burato, de momento, non  albisco unha solución a corto plazo, porque xa sabemos que hai marusía no mar e, nin os teimudos “mercados” nin os políticos vannos a poñer as cousas doadas. Ao millor, imos ter que mergullarnos todos dentro do “burato do inferno”, como xa o fixeron non hai moito aqueles valentes percebeiros da illa de Ons. Pax Vobiscum.

No hay comentarios: