praia de Agrelo, Cela(Bueu), ao fondo Sanxenxo e Portonovo |
A LOITA POLA VIDA
Propóñolles unha adiviña. ¿Qué pensaríades vosoutros se, pola
mañá cedo, a pouco de saires do catre e á hora do almorzo, aparecen na cociña
os teus fillos pequenos, un con un cartón de leite na man e o outro con unha
bulsa cheiña de limóns? . Algúns dirían : Home iso é moi doado. O teu fillo vai
quenta-lo leite para botarlle ao café e mais ao colacao; e o outro vai facer zume de auga con
limón.¡ Pois non!, dixen eu. Isto non é mais que a consecuencia da crise
económica. Explícome. A fame fai a necesidade, e o furto famélico que críamos afastado, volve con forza ás nosas
vidas. Resulta que ao meu fillo cativo non se lle ocurríu millor idea que
“distraer” o leite (corpus delicti)
do supermercado-total botan ao lixo tódolos días unha morea de alimentos, mesmo
sen caducar-, díxome o coitado. O outro fillo
confesoume que, na compaña dos seus amigos, onte á noite foi ao lance a por froita, pero que naquela
leira só había limóns-mea culpa-,
rematou de decirme. Ao oíres isto, xunteinos con agarimo contra o meu peito e
díxenlles: Meus filliños, o que me estades a contar é peccata minuta, e non ven sendo outra cousa que a loita pola vida,
ou coma din os ingleses ”struggle for
life”; outros, non tan cativos, distraen e mesmo desbalden cartos a moreas nos seus departamentos,
Concellos e Autonomías, e seica non pasa
nada. Despois do arrepentimento sincero, e coa promesa de non reincidir nunca
máis, non tiven outra cousa que darlles a miña absolución: “Ego te absolvo a
peccatis tuis”. Dixi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario