ILLA DE ONS |
MORTE NA ILLA DE ONS
Os nosos mariñeiros xa advirten: ¡Non hai que confiarse,
porque o mar é moi traizoeiro! A quietude que semella na superficie as veces,
non reflecte o que acontece no fondo do mar, onde hai todo un mundo, e ata un
submundo de forzas ocultas e descoñecidas, mesmo para a xente do mar máis
avezada. Un golpe de mar, un latexo ferido e traizoeiro, e “ a desgracia traidora que
ven, e que nunca se sabe ónde ven”,
como xa amosóu Rosalía de Castro no
poema vaguedades, da súa obra Follas Novas, aló polo ano 1880.
Dous veciños
de Bueu morreron en augas da illa de Ons, no lugar de Fedorento; e a historia
repítese teimudamente unha e outra vez; a dor esgazada de viúvas, fillos,
familiares e amigos. O noso mar, fonte de riqueza, tamén pode ser a peor das
sepulturas. “Requiescat in pace”.
Nota: Adicado a Francisco Pérez Otero e mais Emilio Martínez Patiño, que morreron o xoves 15 de marzo ao volcar a súa embarcación na zona coñecida coma "Fedorento", na illa de Ons.
Nota: Adicado a Francisco Pérez Otero e mais Emilio Martínez Patiño, que morreron o xoves 15 de marzo ao volcar a súa embarcación na zona coñecida coma "Fedorento", na illa de Ons.
No hay comentarios:
Publicar un comentario