día y hora

lunes, 12 de marzo de 2012

Dos artículos "a la limón": "A DESTEMPO" (Publicado en Diario de Pontevedra, 14-03-2012); y "COUSAS DA REFORMA LABORAL (1), publicado en Diario de Pontevedra, 18-03-2012"


laranxas, parque Massó en Bueu

 A DESTEMPO (Publicado en Diario de Pontevedra, 14-03-2012)

Na miña parroquia de Beluso, en Bueu, podemos atopar toda a filosofía da vida comprimida nun lugar de pouco máis de tres mil habitantes. Este domingo a media mañán fun a estira-las pernas e  a mercar o meu periódico habitual, cando  de súpeto atopeime con un veciño que estaba a colocar  mesas e cadeiras na terraza do seu bar. Saudeino:  ¡Bos días, seica xa chegou o verán!, ¿Non sí? A verdade é  que a temperatura ese día no era morna, senón quente de máis para seren ainda inverno. O meu veciño contestoume de contado coas  seguintes palabras tan contundentes coma filosóficas: Xa está aquí o verán, sen ter inverno, e continuou coa súa tarefa sen máis. Despois de darnos o adeus, seguin a pensar na frase de marras que con tanta sabedoría díxome o meu veciño. Eu, coma sempre, revirei a frase para atoparlle a profundidade filosófica que se merece, e ata  fixen un exercicio de mnemotecnia. Pensei  nas reformas de gran calado do Goberno: A financieira, a laboral e as demais que aínda están por vir. Pensei nos máis de cinco millóns de parados, na dación en pago, nas participación preferentes, no fraude dos ERES, nos procesos xudiciais mediáticos, etc.

  Xa sabemos  que hai tempo que as cousas non son coma antes, ou coma nos transmitiron os nosos  devanceiros, e mesmo cando as estacións meteorolóxicas tiñan un senso agro alimentario De seu. Agora podemos observar como agroman no mes de febreiro  as ameixeiras a destempo, e mesmo sáenlle as súas fermosas flores ás roseiras. Acontece todo isto dun xeito atemporal, irrespectuoso, preguiceiro cos tempos e coa memoria da nosa natureza máis sabia. ¡Se cadra será o cambio climático, pensei!












               COUSAS DA REFORMA LABORAL  (1), publicado en Diario de Pontevedra, 18-03-2012
O domingo pasado ao serán tivemos que ir pitando ao servizo de urxencias por mor dunha doenza repentina da miña muller. Despois de pasaren polo filtro do médico de porta, fumos a parar ao especialista, e cando tocou a quenda chamounos a enfermeira: ¿Sabela Sangra Moito, por favor?, preguntando pola doente da miña señora, que coma vos podedes imaxinar non se chama deste xeito, senón Sabela Loira Menduiña(nome e apelidos finxidos). Case que rifamos. ¡Perdoen vostedes! Sinto, equivoqueime de historia clínica - cómo raio pódese chamar un así, pensei-. Non sei que me está a pasar. Teño un desacougo tan grande desde que lin o RDL da Reforma Laboral, que todo son dúbidas. Despois de calmarmos mutuamente díxenlle: Mire, eu son avogado, i especialista en dereito laboral, se quere, pódeme preguntar. E a enfermeira comezou a largar pola súa boca unha batería de preguntas que mesmo deixoume coa cabeza feita un bombo. Que si era verdade o que di o RDL- xa convalidado-respecto das facilidades para que te despidan; da diminución das indemnizacións; das modificacións substanciais das condicións de traballo, etc, etc. A cada afirmación miña as súas preguntas, poñiase  a faciana da muller esbrancuxada, os ollos birollos; case desvanécese. ¡Acougue muller!, díxenlle. ¿E os xuíces, que van a dicir daquela?, preguntoume xa dende o chan. Seica van a mudar o principio xurídico de “in dubio pro operario” por estoutro de “in dubio pro empresario”, contesteille. ¡Non pode ser verdade!, soltoume finalmente. Y eu concluín dicíndolle:¡ Son cousas da Reforma Laboral ¡.
            Teño que dicirvos que, finalmente, a doenza da miña  dona non revestiu maior importancia mais aló do susto inicial. Con referencia á  enfermeira-que por certo, foi despedida con 20 días por ano traballado, segundo a nova reforma laboral-direivos que ven a conto aquela célebre frase da derradeira escena da película Casablanca: “Coido que aquel encontro foi o principio dunha fermosa amizade”.

No hay comentarios: