día y hora

martes, 6 de marzo de 2012

NON TIVO SORTE NA SÚA VIDA

dende o adro da igrexa de Beluso

NON TIVO SORTE NA SÚA VIDA

Hai persoas que seica nacen para sufrir. Sí. Semella unha frase feita e dita ao chou pero que ten unha fondura inmensa. Son almas solitarias malia teren algunhas fuxidías alegrías na súa vida. A sorte que algúns teñen de cando en vez non é para elas e a señardade é o seu sinal de identidade. Unha e outra vez bátelles a vida como as ondas  baten na dorna que se atopa  na beira do mar despois dunha marusía.  Adoitan ter esa faciana de tristura ata mesmo o leito da súa morte.; por iso dicimos tamén  delas aquelo de: “Non tivo sorte na vida….e mesmo no día da súa morte”.

Sinto, saíume a vea Rosaliana. Este artigo non está adicado a ninguén en especial. Ou sí, se algún de vós os vedes representados.
              ("De Cantares Gallegos", Rosalía de Castro, 1863)
Aló n'as tardes serenas,
aló n'as tardes caladas,
fanse máis duras as penas
que n-as brandas alboradas.

Eu ben sei de estes tormentos                      Tiven tan fondos amores
que consomen e devoran,                            e tan fondas amarguras,
d'os que fan xemer os ventos,                       que era fonte de delores
d'os que morden cando choran.                     nacida entre penas duras.

No hay comentarios: