día y hora

viernes, 2 de marzo de 2012

¡MIRA QUE HAI QUE SER BURRO! (Publicado en el diario La Región, de Ourense, 11-03-2012)- Atlántico Diario, 14-03-2012-

o meu burro
 ¡Mira que hai que ser burro!
Vaia por diante o meu respecto por este fermoso e maltratado animal, amigo do home, compañeiro de fatigas e tarefas dos nosos labregos nas leiras e nos camiños. Pero hai cousas nesta sufrida vida que nos arrepían e mesmo nos indignan. E para sinalar o desacougo verbo das miñas inquedanzas como home e tamén animal político e racional que son, vou utilizar as expresións que encol do sustantivo "burro" recolle  o diccionario Xerais da Lingua. Haberá máis acepcións e usos que son ou eran utilizados a cotío, agora xa menos, dentro do acervo cultural dos nosos devanceiros. Pero eu somentes farei uso do senso académico que lle da o noso diccionario máis universal.

1.- Cando os teimudos "mercados", a indolente "curmá de risco", a crise da débeda soberana e demais caralladas semellantes, están detrás, ou diante vai tí a saber, de tanta desgraza, empeñados en que desapareza da nosa linguaxe a palabra ESPERANZA, deixándoa nunha estadía metafísica alén das nosas vidas, podemos utilizar a acepción "NON BAIXAN DA BURRA".

2.- Cando escoitamos a cotío aos gurús económicos e algúns políticos de un e outro arco da vella parlamentario, cando botan polas súas bocas, con alevosía e premeditación, frases, argumentos e despropósitos que son mesmo un insulto á intelixencia. Aquí usaremos aquelo de: "PALABRAS DE BURRO NON CHEGAN AO CEO".

3.- A certos imputados en procesos xudiciais de moita sona últimamente que cos seus "despistes" e "lagoas de memoria" nas súas declaracións pretenden convencernos de que son cidadáns inmaculados e que a "xustiza é igual para todos", hai que espetarlles aquelo de:"CHÁMALLE BURRO AO CABALO".

Podería continuar, pero non quero decir máis "burradas" nin convertirme en un "burricán" de moito coidado. ¡ABUR!

"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro".( Así comienza el libro "Platero y Yo", de Juan Ramón Jiménez).

No hay comentarios: