día y hora

lunes, 2 de abril de 2012

O FILLO DA VIÚVA


Aconteceu hai algún tempo no meu pobo, en Bueu; e mesmo saíu no Faro como noticia de sucesos.
 Certo día, coma de costume, despois de almorzar saquei o meu coche do garaxe e púxeno enriba da beirarrúa, mentras a miña dona pechaba a porta da nosa casa. Sentouse ao meu carón, no asento dianteiro e de súpeto, mirando de esguello aos asentos traseiros do coche para deixa-lo  seu  bulso de man , atopouse coa faciana e tamén co corpo dun home que dende a oscuridade-era moi cedo, case de noite-, díxolle: Moi amable señora, pero eu xa levo a miña carteira.
            Como vos podedes supoñer, botou pola súa boca un berro de terror, case un alarido alporizado que mesmo chegou ata o recuncho máis afastado da vila.
            ¡Eu lle dixen:¡Acouga, muller!, non teñas medo,  é o meu amigo de toda a vida, o fillo da viúva.
            Dende aquela, pasaron moitos días, semanas, sen dirixirme a palabra.
            ¡Pero, cómo me fas isto, meu home!; case dame un esvaecemento; seica queres matarme a  desgustos, ou!
            Non pretendo tal cousa, miña rula. Tiven que explicarlle quen era o meu amigo.
            Foi, e segue sendo o meu amigo da nenez e adolescencia; de batallas con pistolas de estralos; das nosas liortas na requisa e nos penedos; e tamén nos reinos de area na rompente das ondas na beira do mar.
            Fumos xuntos  á escola, na Capilla Vella e máis coa señorita Gelines e Manoel Aboi, mestres daquela na nosa Vila.
            Á tardiña, compartiamos os nosos bocadillos de nocilla, mentres xogabamos, según a estación do tempo, ás buxainas,  ás bólas, ao fútbol nas dunas na Praia de Agrelo, ou mesmo facendo xirar o aro polas nosas rúas e camiños.
            Foi o meu amigo máis prezado. Eramos coma unlla e carne.
            Despois, co paso do tempo, puxemos distancia por medio; eu nos  Paúles i él traballando, primeiro co seu pai-a súa nai morrera cando aínda era un neno-, e despois fíxose mariñeiro, e mesmo percorreu o mundo enteiro.
            Non nos víramos dende había perto de trinta anos; e un día, mentres estaba eu mercando o meu periódico habitual na banda do río, alguén púxome unha man no meu ombreiro:¡Milucho!, díxome; i eu, virando a faciana e con esa ledicia da amizade recuperada chameino polo seu nome . Demos unha aperta inacabable, e ficamos falando largo tempo.
            Dende aquela, voltamos a ser novamente inseparables, e de cando en vez, quedamos para tomar uns carolinos de tintofemia, e falar das nosas cousas; recobrando a amizade de toda a vida. O meu amigo, o fillo da viúva.

1 comentario:

Toñito dijo...

Estupendo relato Milucho, xa sei algo mais do fillo da viúva. Por certo sabias que hai un portal masónico en internet que responde a ese epigrafe?
O espiritu "coellil" perséguete de forma implacable.