día y hora

jueves, 7 de junio de 2012

O PEÚGO MILAGREIRO


O PEÚGO MILAGREIRO 

Qué sería de nós sen as noticias as veces sorprendentes que zarrapican de cando en vez as páxinas dos nosos xornais. Estamos cansos de tantas novas políticas i económicas que desacougan o noso espírito. Por iso, segundo Europa Press, cando lemos que un peúgo(calcetín) inalámbrico  seica pode ser quen de axudarmos a conciliar os nosos pesadelos e tamén a diminuír o estrés e a ansiedade, Gaudeamus.

            Daquela eu retiraría das nosas boticas o tranxiliun, paroxetina e o aldosomnil e demais farrapo de gaita, favorecendo deste xeito  a reducir o gasto en menciñas e axudando á nosa empobrecida Sanidade: Un peúgo por unha caixa de tranquimazin de trinta comprimidos.

            Tamén podemos agasallar aos nosos políticos e banqueiros con un peúgo ao xeito, porque deben estar á beira  dun infarto de miocardio pensando na Troika e a curmá de risco.

            Mais quenes precisamos un peúgo milagreiro coma se fose un exvoto de San Campio somos Nós, os coitados e desprotexidos cidadáns que mesmo temos unhas olleiras de medo por non poder durmir coma un santo pensando no recibo da luz deste mes.

            Propoño, finalmente, que o Sr. Rajoy inclúa nos orzamentos deste ano unha partida presupuestaria para mercar peúgos “made in Spain” porque non queremos problemas co dimetilfumarato.

No hay comentarios: