día y hora

sábado, 25 de agosto de 2012

MUSA DE BELUSO-Poesía

MUSA DE BELUSO
 
 
O vento dondo do leste
peitea a túa crina trigueira:
Ónde estabas naquela noitada serena?
 
A túa faciana alumea
coma un farol as sombras
ocultas e segredas:
Ónde ibas polas soidosas vereas?
 
Efémera presenza dubidosa;
reverdece o sangue das miñas veas;
acouga a mágoa luída.
 
Traballada, reflexiva, intuitiva;
moitas veces preguizosa,
outras, é coma unha mareira
que ateiga a miña mente ociosa.
 
Zanfonea rebuldeira;
ponche fóra de cacho;
esborrancha as miñas ideas,
e logo, marcha algareira:
 
Ónde vas agora ás présas, compañeira?
 
 

No hay comentarios: