día y hora

miércoles, 22 de agosto de 2012

SERÁN DESCRITIVA- Poesía

SERÁN DESCRITIVA
 
Á fin, despois de abolloar hai só uns poucos días,
o ceo está case limpo de nubes, aventurando
o día de mañá un armisticio.
 
Hoxe o mar está calmo coma un prato;
pequenas vagas onduladas
arrolan a gamela, coma nun berce salgado.
 
Á tardiña, o sol broncea o meu corpo aos poucos;
case non hai vento, este vento serodio
e morno de finales do mes de Agosto.
 
As roseiras, os xeranios, as prantas
do meu xardín agradecen este tempo,
dándolles o derradeiro tributo a este sol temperado.
 
Unha voda de pardais garulan
e fan viravoltas no aire,
furando o ceo coma un lóstrego.
 
Unha gama de apoucados cores
verdes, ocres e marelos
pintan a paisaxe das veigas e soutelos.
 
As sombras fanse cada vez máis alongadas,
coma figuras esveltas, semellando
pinturas do Greco,
 e xogan coa luz final do día
ás agachadas.
 
O sol vaise, amodiño, detrás dos outeiros
do meu pequeno Universo.

No hay comentarios: