día y hora

domingo, 14 de abril de 2013

A chegada da Primavera

o campo, harmonía e serenidade
Onte, 13 de abril comezou, por fin, a Primavera. Despois deste longo e interminable inverno, e cunha temperatura morna que convidaba a pasear sen paraugas, voltamos de novo a sentir o recendo da chamada da natureza preguizosa.
Hoxe, 14 de abril, fixemos unha andaina ata a praia de Area de Bon en Beluso, pasando por Lago Mansiño e Covelo, contemplando a paisaxe ben fermosa, chea de cores verdes, ocres e marelos........,
a terra, cuspindo a auga para fóra
O que acontece é que, coma sempre, a felicidade dura ben pouco; un dos nosos veciños mais sobranceiros soltóunos o seguinte refrán: "A lúa de Octubre, sete meses cubre".
O bo tempo, seica, foi un espellismo, e teremos que agardar ata o mes de Maio, e facer caso ao que din os nosos sabios da natureza, porque, coma di outro refrán coñecido: "Tras o maio vén o San Xoán", que é o mesmo que dicir que "non hai mal que cen anos dure"....

No hay comentarios: