día y hora

miércoles, 30 de noviembre de 2011

MILUCHADAS FILOSOFICAS. Ónde está o recibo de autónomos.


Como xa sabedes dentro de estas Miluchadas  amoso as miñas inquedanzas e desacougos verbo de  aconteceres e anécdotas que me suceden tanto a mín coma aos meus amigos. Onte día 29 de novembro fun a visitar a un bo amigo e millor xurista, Alejandro. Adoito a facelo de cando en vez cando permíteo o seu traballo, porque este amigo é avogado e ten unha chea de choio enriba da mesa do despacho que quita o sentido, mesmo díxome que lle acababa de cair un expediente do turno de oficio de máis de 2.000 folios, que se di pronto. Mimadriña, penseu eu, Isto non é nada contestoume con esa faciana tranquila que só teñen os homes con serenidade de esprito froito de librar maís de mil batallas xurídicas nos xulgados, Non será para tí pero a mín paréceme unha barbaridade xurídica, e lembreime nese intre do mito de Sísifo, non sei moi ben por qué. O caso é que estivemos  a conversar de todo e de nada ao mesmo tempo, porque os avogados somos así, e contoume unha anécdota-según se mire-que me deixou coa boca aberta. Escarreiráronlle ou perdéronlle, se queredes entedelo millor, o derradeiro recibo de autónomos, Que me dis, Así coma estar a oir, Non pode ser, Pois sí, díxome con una aceno de solemnidade, Cómo, pregunteille; e díxome que foi á  entidade xestora da seguridade social a ver qué foi do seu recibo de autónomos, non aparecía por ningures. A funcionaria díxolle: Pode ser que nós teñamos parte de culpa, pero tamén pode ser que daquela sexa tamén do Banco, porque caixas de aforros xa sabemos que non hai, Pero cómo pode ser, implorou o meu amigo avogado, Pois moi simple, verá, Será para vostede porque o que son eu non o entendo, cómo raio pode ser que se perda así coma así o devandito recibo de autónomos, Vostede  tivo  conta corrente ou cartilla  na Caixa de aforros algunha vez, E iso qué ten que ver, Pois moito, Muller non me amole, lémbrome que cando era neno meus avós abríronme unha cartilla infantil de aforros para cando fora maior e poder así mercar un pouco de felicidade, Pois ahí está o problema ou a solución según se mire, Me quere decir  que meu recibo de autónomos está en esa cartilla infantil de aforros que  os meus avós con tanto sacrificio me fixeron cando eu era neno, Non quixen decir tal cousa, pois explíquese “ab initio”; Nós tiñamos un convenio regulador coa Caixa de aforros i ésta era a encargada de xestionar  tódolos recibo, mesmo os de autónomos, o que pasa é que as caixas de aforros convertíronse en bancos e por mor de ese troco xurídico legal, e tamén coa contribución inestimable dos mercados e os politicos o seu recibo debe estar nestes intres en Picasa. Lembreime que Javier Amigo, o meu amigo, mestre e adestrador de blogs me contara o que era Picasa, un mundo virtual onde pode estar dende unha fotografía ata mesmo un recibo de autónomos; tamén pensei en Matrix, o Oráculo de Delfos e máis en Ulises que por mor da xenreira dos deuses gregos, estivo toda unha vida en procura da súa illa Ítaca. Pero entón qué  fago, Tes que baixar o recibo ao teu blog, Non teño blog, Pois terás que abrilo, se non sabes pregúntalle a Milucho, E qué pasa co recargo por mora, Ah!, iso xa non o sei, terás que preguntar no departamento de obxetos esquecidos de Picasa que para tal fin  temos a disposición dos interesados na pranta baixa, según entras á man esquerda. E a funcionaria rematou con unha locución latina que deixou atónito ao meu amigo Alejandro ¡alea jacta es”, ou tamén “a sorte está botada”. Nese intre Alejandro decatouse que a funcionaria era tamén avogada. Entón meu amigo resignado espetou a seguinte locución latina, porque  él non ía ser menos: “Credo quia absurdum”, o que tamén quere dicir “ creo porque é absurdo”, frase que Tertuliano dixo para indicar que a fé consiste en creer  o que a razón non pode explicar.Pax vobiscum.
Nota do Autor: Tertuliano, ou sexa Quinto Septimio Florente Tertuliano (160-220 a.C.) foi, entre outras cousas, un destacado avogado na Roma de aquel entonces.

1 comentario:

Anónimo dijo...

En vistas de que non daba acertado publicar comentarios no teu Blog decidin darme de alta eu tamen no blogger pra ser mais doado comunicarme deste xeito
Dicir que eu gusto ler os teus reportaxes ,notase a tua vea artistica e literaria con unas fotos moi boas .
A falta de ler algun articulo ,vaia a miña felicitacion polo exelente traballo .
Saudos tocaio

Emilioc