día y hora

miércoles, 29 de febrero de 2012

HAI QUE TER MEMORIA (Publicado en Diario de Pontevedra, 02-03-2012)


Lazareto illa de San Simón(ría de Vigo), cárcere na guerra civil
            HAI QUE TER MEMORIA
Non é a miña intención dar unha opinión nin política nin xudicial, senón subliñar o drama humano vivido por todas aquelas persoas e os seus familiares que sufriron as consecuencias dunha  contenda inxusta e absurda como foi a guerra civil española.  O pasado martes día 28 de febreiro asistín a unha charla coloquio organizada pola Asociación viguesa para a recuperación da Memoria histórica no MARCO de Vigo, antiga cárcere.  A conferencia foi para difundir un proxecto de investigación interuniversitario titulado “as vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, e ven a recoller nun traballo moi documentado os resultados da investigación encol das vítimas en Galicia no período 1936-1939, o máis amargo da nosa historia recente. Neste informe amósase  un estudo polo miúdo das vítimas de procesos militares, mortes extraxudiciais, profesión e veciñanza, etc.  Como  ven a dicir os autores: ”A frialdade dos números e das representacións  gráficas i estadísticas están aí, abrindo un vieiro importante para o análise e debate futuro”.
  Comprobamos  as facianas das persoas  represaliadas, desaparecidas ou mortas  e que son os verdadeiros  dramatis personae  e o vivo reflexo  de cidadáns con vidas tan cotiáns coma as nosas: Mestres, mariñeiros, alcaldes, amas de casa, etc, mulleres e homes que sufriron , horresco referens, o absurdo dunha contenda sen sentido. Sobre colleume especialmente o recordatorio escrito no reverso da foto dos fillos pequenos dun preso , que agardando a morte na cárcere díxolle aos seus a modo de artículo mortis: “Douvos un bico de despedida e o derradeiro adeus, sen poder estreitar os vosos corpiños contra o meu corazón”. O dito nestas palabras que levan a dor ferida na alma reflexa a sin razón dunha etapa da nosa historia que non debemos esquecer, porque como dixo Virxilio hai moito tempo :Vivit sub pectore vulnus, a ferida vive baixo o peito.

Y en el final del iracundo
mar, en la lluvia del océano,
surgen las alas del albatros
como dos sistemas  de sal,
estableciendo en el silencio,
entre las rachas torrenciales,
con su espaciosa jerarquía
el orden de las soledades.
          (Vienen los pájaros. Canto general, Pablo Neruda)

No hay comentarios: