día y hora

domingo, 16 de octubre de 2011

artículo de prensa publicado en Faro de Vigo, 12-09-2011.

Artículo publicado en Faro de Vigo, lunes 12 de septiembre de 2011 – Cartas al Director-
¿De volta á normalidade?

O mes de setembro lembrámolo cunha sensación de saudade e morriña. Deixamos atrás pouco a pouco o vran e camiñamos paseniño cara una nova estación. Este é o tópico que sempre nos quixeron vender, e abofé que resultou ata hoxe.
A partires de este vran os tópicos esnaquizáronse polo aire. Ós que como eu gústanos de expremer deica o límite a nosa  retranca galega, notamos que a xente non rí as grazas como antes e míranos con abafallo como decindo: “Este carallo, parece parvo”. O sol deste vran xa non quentou como sempre o fixo. Voltaron de novo ás nosas praias as neveiras e bocadillos, o balbordo dos rapaces, as picadas das abellas e fanecas inglesas. Quen se aburriu neste vran foi porque quixo. En definitiva, non foi un vran normal, nin coido que o sexa nunca máis. Xa me contaredes: a marusía interminable das caixas de aforros, que xa non voltarán a ser caixas nin tan siquera de aforros porque estes simpremente evaporáronse por arte de maxia; agora xa non nos permiten endebedarnos; nos din que hai que apretar o cinto nestes intres das vacas fracas porque engordamos ficticiamente nas vacas bolechas; as curmáns de risco (primas de riesgo en román paladino) e demais parentes impronunciables;  os ataques especulativos ás débedas soberanas; a deriva do Goberno socialista, si alguna vez existiu tal; os levantamentos dos estados islámicos reclamando máis liberdade; a visita do Papa; os indignados; as eleccións que xa petan na porta e ainda por enriba, as liortas domésticas nos concellos, deputacións, nos nosos barrios, na nosa propia comunidade de veciños, etc. Estafadores, corruptos, manipuladores; un que se vai  á República Dominicana , con premeditación, alevosía e nocturnidade; outro con síndrome postvacacional e outros laiándose en voz alta das súas innumerables doenzas, facéndonos partícipes das súas miserias. Isto é, como diría Franz Kafka, una metamorfose en toda regra.  Viramos según veña  o vento,ncon sabemos si para mal ou para pior. Nada volverá a ser normal, é coma se quixeramos convertir en normalidade o que nunca o foi. Nada é normal, nin  o foi na política, na economía, nin tan siquera nós. Deambulamos o vaivén dos mercados e contaxiados pola voráxine das noticias que como un martelo crabuñón fuchícanos os miolos con noticias repetitivas e negativas. E algún día, ¡por fin, de volta á normalidade!, como se esta fora boa. Eu dígovos que nunca existíu. É un feitizo para que sigamos consumindo a reo o que non temos, hipotecándonos para servir ós mesmos que nunca deixaron de engordar os seus puchos a costa das nosas ilusións.
¡Viva a utopía!. Como diría o noso conquistador Colón cando visitou por primeira vez Cuba: ¡Manda carallo na Habana!. Quén nos iba a decir a nós algún día que chegaríamos a este estado catatónico.

No hay comentarios: