día y hora

domingo, 8 de abril de 2012

A RUTA DOS MUIÑOS, BUEU, 7-04-2012

. O pasado sábado día 7 de abril(na semana de Pasión), fumos quen de vivir e contemplar os fermosos muiños de Meiro i Ermelo, situados por todo o curso do río Frade, afluente do Bispo. Ao mando da expedición Lupe, unha muller experimentada e coñecedora coma poucos de este roteiro marabilloso, organizado un ano máis polo Concello de Bueu. Díxonos que o topónimo de Bueu siñifica terreo pantanoso, e que un día o mar chegara máis aló das Lagoas. Estes son os muiños de gran (de canle), principalmente, e o máis antigo data seica do ano 1706. Entre árbores senlleiras coma ameneiros, salgueiros e carballos (o da Golbada é especialmente maxestuoso); e fentos de moitas variedades e vexetación autóctona inmaculada; e tamén diferentes tipos de musgos i hepáticas. Pasamos pola vía romana de Meiro, polo lago de Lametrepias ou Lavetremias no lugar da Barraca;  contemplamos as leiras de Meiro i Ermelo auténticos graneiros da nosas vilas noutrora e que aínda hoxe segue a conservar a nosa tradición ancestral con tanto agarimo a Asociación Millo Corvo de Meiro, etc, etc. Lupe, a mestra, dounos unha lección maxistral dos muiños; entramos nalgúns deles (muiño da Presa, de Vilas); soupemos o que era o pousadouro, o caneiro, etc. Foi, en definitiva, un día para saborear e sentir a nosa natureza. Esperamos continuar estes roteiros nos vindeiros meses, coma a ruta dos Abades, a dos Pazos , e outros moitos máis. Grazas por este día inesquecible.

Na Comarca un graneiro                Aos muiños van moer                       Bispo e Frade, pai e fillo,
que está cheo de muiños,               o millo corvo de Meiro,                    entre fentos e ameneiros,
percorrendo eses camiños             famoso no mundo enteiro                  no canudo cantareiros
atopamos Ermelo e Meiro.            pola súa cor e pracer.                        fan moer o noso millo.
                                                                                                                 O millo máis senlleiro.
  O carballo da Golbada,                                                                          O millo corvo de Meiro.
Lavetremias, case un mar;
na pedra de namorar
vin á muller amada.

No hay comentarios: