día y hora

jueves, 9 de agosto de 2012

A NOITE Á ESPREITA - POESÍA

A NOITE Á ESPREITA


Dende a miña pequena atalaia
vexo pasar xente miúda
ata esvaerse na recta infinda.

Un can ladra a refoladas
con un son aguzado e rouco;
pombas revoan no meu tellado;
serpea o camiño empinado
ata esmorecerse co soutelo
de eucaliptos e piñeiros.

O facho, co seu escintileo compasado
guía a miña ollada
cara á illa enfeitizante.

O balbordo da vida da paso
á noitiña silandeira,
e a lúa espreguízase aos poucos
do seu escondedoiro segredo.

Lámpadas febles alumean
os vieiros  impenetrables das herdades.

A noite á espreita.

No hay comentarios: