día y hora

sábado, 11 de agosto de 2012

NON TEN PEDEGREE-POESÍA

NON TEN PEDIGREE


Ensarillada no seu rolo de tea branda
adoita ter a mesma expresión na súa faciana.

Sempre con ese aceno imperturbable
froito, se cadra, da súa vida resignada.

Non ten pedigree que se saiba,
nin ten lembranzas da súa nenez,
afeita a seguir submisa dende sempre
as pegadas vacilantes.

Ás veces semella querer falar,
e enxerga os teus pensamentos
cunha ollada indescifrable.

Pero deseguida entra en transo,
como nun soño  de fondo catarse,
devecendo e "rallentando"
o seu respiro.

No hay comentarios: