PRESAXIO
(Moderato)
Sempre estás aí, perto do meu corpo,
collendo o bafo da miña inquedanza;
pero non son quen de dicirche nada.
Sinto a túa preocupación
reflectida nos meus soños intermitentes;
pero bates no muro da palabra entrecortada.
A parálise teimosa, os acenos amedrentados,
acochando quizais unha falla primitiva;
pero non son quen de dicires nada.
Advirto no ar infectado
pola chuvascada serodia do verán
un recendo murcho a terra mollada;
e no luscofusco acolledor e vermello
presaxio respostas esgotadas
e receos infundados
que podrecen as veas salitrosas.
A treboada ven chea de novas inquedantes
que descargan no horizonte notas dominantes
de dor ferida soterrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario