día y hora

viernes, 1 de febrero de 2013

EMPRESAURIOS E OPERAURIOS, publicado en el Faro de Vigo, 3-02-2013


EMPRESAURIOS E OPERAURIOS

 

Houbo un tempo, no periodo Mesozoico hai 160 millóns de anos, donde grandes réptiles dominaron a Terra, para despois desapareceren sen saber moi ben cómo nin por qué.

         Na nosa era existen tamén certos “empresaurios” que, seica, aínda non se decataron de que estamos no século XXI, e que, nin o xeito de producir, comercializar e ata de pensar, eche o mesmo aos da revolución industrial da metade do século  XVIII e principios do XIX, por non falar do uso das novas tecnoloxías, ferramentas informáticas e redes sociais. Tamén, todo hai que dicilo, existe unha fauna de traballadores “operaurios” que pensan que o seu traballo consiste simplemente en fotocopiar unhas cantas follas e grapalas, e deste xeito pasan a súa xornada laboral -que non ven sendo outra ca súa propia vida-, sen mais padecementos e ilusións. Dentro dos operaurios, estou pensando especialmente en certos “funcionaurios”, que habelos, hainos tamén.

         Todos debemos ser conscientes que o mundo económico e asemade produtivo mudou, e agora estamos nun totalmente distinto: o das novas tecnoloxías e da información, pero tamén no de pensar e facer as cousas doutro xeito. Son novos tempos, e todos temos que ser capaces de desaprender certos vicios e costumes adquiridos que non levan a ningures e aínda mais tendo en conta que estamos a padecer unha crise económica tan teimuda. Con seis millóns de parados (moitos deles endémicos) temos que ser capaces de reinventarnos e acostumarmos a sobrevivir neste mundo complexo. Pero, eso sí, debemos facelo con sentidiño, con proxectos viables e non feitos ao chou, e a poder ser dándolles un valor engadido e diferenciado, aproveitando as sinerxias e tamén as oportunidades. Son tempos para os novos emprendedores, traballadores autónomos, aínda que sexa por obrigación, porque non vai vir ningunha multinacional a contratarmos. Non vai ser doado, pero temos que intentalo, non nos queda outra; senón, como sucedeu cos dinosaurios daquel periodo convulso da era xeolóxica, seremos afastados, con moita pena e sen ningunha gloria, da vida laboral.

 

 

No hay comentarios: