día y hora

domingo, 18 de marzo de 2012

O CICLO DOS SEIS SENTIDIÑOS-"CHEIROS"-


CHEIROS (Publicado en  el Diario de Pontevedra, 20-03-2012)

Nós os galegos  temos o sentido do olfacto, que para sí o quixeran outros pobos. Tamén temos outros sentidiños, peores ou millores, pero hoxe toca aquél. Vou poñer uns exemplos  utilizando o noso diccionario máis universal, o Xerais da Lingua.

            Cando estamos acostumados a escoitar dende hai moito tempo, demasiado tempo diría eu, as previsións de remate que para o tren de alta velocidade, o  AVE, xa dixeron, están a decir e dirán os nosos gurús políticos: Que si era para o ano 2009, que si vai ser para o 2018, ou será aínda seica para o ano 2050, ou máis aló; diremos aquelo de “cheirame que” non teñen idea de cándo van rematar as obras faraónicas-mesmo semella que estamos a falar da muralla romana de Lugo-.

            Cando  asistimos abraiados ao que acontece nos casos xudiciais, mediáticos ou non, como “o dos traxes”, tamén chamado a Gürtel; Urdangarín, Campeón ou tamén chamado agarimosamente Pepiño Blanco, os ERES en Andalucía, etc ,etc, onde presuntamente están implicados unha morea  de xente coma políticos, empresarios, excelentísimos señores, filibusteiros, mangantes, etc; usaremos a acepción que amosa o noso benquerido diccionario : “Esto  cheira que alcatrea”.

            Cando, coa decisión do Goberno do País Catalán, abríuse a veda do co-pago, re-pago ou como diantre queiran chamalo, e mesmo vai correr esta nova coma a pólvora por tódalas Comunidades Autónomas, incluida a Nosa, senón tempo ao tempo; utilizaremos o termo “dame no nariz que”……. de esta vai ser que sí.

            E coma o relativo co noso olfacto ten que ver tamén co órgano máis sobresainte-enténdaseme ben, quero decir  o que sobresae debaixo mesmo dos nosos ollos, ou sexa o nariz, que por certo, haino de tódolos tamaños e xeitos: aquilino, remangado, etc-, habería que dicirlles a todos os presuntos, estigmatizados gratuitamente ou non, aquelo de: “Mesmo semellan andarlle o sentidiño polas silveiras”, e tamén estoutro: ¡A ver se crían sentido dunha vez por todas!(por decilo moi finamente), non vaian a rompe-los fouciños. Abur!

No hay comentarios: