día y hora

viernes, 23 de marzo de 2012

O CICLO DOS SEIS SENTIDIÑOS-OLLO AO PIOLLO!-Publicado no Diario de Pontevedra, 27-03-2012-


OLLO AO PIOLLO!

Díxome onte o meu amigo Carballo: Disque escribiches  un artigo adicado ao sentido do olfacto. ¿Non si? ¿ E mesmo serías quen de escribir un encol da vista? Feito, díxenlle, o que ocorre con este noso sentidiño, é que ten moitas variantes, porque coma  vostedes comprenderán, non é o mesmo ver que mirar. ¿Ou si? Confeso que eu sempre teño dúbidas ao respecto.  Coma sempre utilizaremos o noso dicionario máis universal, o Xerais da Lingua. Comezamos.
Ao meu ver, nesta querida España, noutrora fixéronse unhas falcatruadas de moito nabo; e claro, agora pasa o que pasa. Deixárona coma un coadoiro con tanto desbaldido en tódolos puntos cardinais. Tanta alegría, tanto fachendear; mesmo alguns viron o argueiro no ollo alleo e non viron no seu fungueiro; e agora os nosos políticos, para remediar tanto desmadre, nos din que hai que apertarse o cinto deica  o talle 36, que xa é dicir. ¡Magoa que nos quitaran ata o Pontus Veteris, para poder desfilar pola pasarela! Fixéronnos crer que o mundo era “el Dorado”, e ademais in aeternum. Xa alguns adiantados daquela época víronlle os ollos á curuxa,e o dicíano de boca para fóra, iso si, non vaia ser que lles prendesen lume coma fixeron coa coitada de María Soliña. E daqueles argueiros viñeron estes sumidoiros; e agora, moitos de nós estamos a velas vir.
Xa non digamos dos casos de corrupción que zarrapican os periódicos e medios de comunicación en xeral-non entendo o que queren decir co dos medios. ¿É que están no medio?¿ de que ou de quen?; pero isto é outra historia-. Ergues un pouco a túa alfombra, ou a do veciño, si che deixa facelo, en nun chiscar de ollos saen pitando unha morea de presuntos estigmatizados facinorosos, que mesmo  póñenche os ollos de boi.
Bo, coido que estou xa esbardallando, e téñome que debullar os ollos. Somentes dígovos para rematar unha cousa: ¡Ollo ao piollo!, en non creades todo o que vos digo, non vaia ser que vos poñan un ollo á funeraria.
Por min, doulle o visto e prace ao meu artigo. Ata máis ver!
Despois de dicires isto, o meu amigo Carballo díxome, mirándome de esguello: Qué xeito tes de decires as cousas. ¡Menudo Tío Vivo estás feito!




1 comentario:

Toñito dijo...

Está ben Milucho, gústame como articulaches o texto dotándoo dunha gran carga de "galleguidad filosófica" que me retrotrae a tempos pasados en que era frecuente asistir a este tipo de razoamentos tertulianos feitos sen présa ao rededor dunhas cuncas de viño.
Por certo a cantas persoas lle resultará estraño isto das cuncas de viño?