día y hora

martes, 27 de marzo de 2012

O SEXTO E ÚLTIMO SENTIDIÑO. “A XUSTIZA”

Bueu, dende a miña dorna

Este é para min non o sentidiño, senón o Sentido con maísculas, máis importante, e para moitos tamén, afortunadamente. Xa podemos ver, oír, cheirar, ter un gusto refinado e tacto, que se non temos o sentido da xustiza metido nos nosos miolos, non seremos quen de chamarmos persoas.
            Algúns búscana desesperadamente por todas partes, e as veces atópana; outros , por máis que a solicitan non son quen de merecela; a maioría das ocasións non está nin dispoñible, nin onde ten que estar. E algún tamén coñécena polo seu antónimo de inxustiza.  Temos no noso dicionario máis universal, o Xerais da Lingua, as seguintes palabras relacionadas coa Xustiza: Xuízo, xusta, xusteza, xusticeiro, xustificación, xuíz, xurado, xulgar, xurisprudencia, etc.
            Sócrates xa daquela desafiou aos poderosos da súa época , criticando a inxustiza  e abuso de poder, e así lle foi, claro. Un tal Ulpiano na Roma de aquel entonces definíu moi ben o que é a Xustiza con maísculas:”suum cuique tribuere”, ou sexa, “dar a cada un o que é De seu”. Tamén Montesquieu, ao falar da lei ,en xeral, no seu libro Espírito das leis di que é a razón humana, e que debe ser axeitada ao pobo para quen foi ditada.
            É xusto termos as nosa dúbidas razoables verbo da xustiza, porque eu  fágome os seguintes xuízos: ¿É xusta a crise económica que sempre bate nas persoas máis vulnerables?; ¿Están xustificadas as indemnizacións millonarias que se levaron  os directivos das Caixas de Aforros?; ¿Existe unha xustiza para os ricos e outra distinta para os máis débiles?; ¿Existe xustificación posible ante tanta corrupción?; ¿Os xuíces  recorren máis á xurisprudencia que a impartires realmente xustiza?: ¿É o mesmo ter sentido da xustiza que impartila?: ¿Se a un non lle da a razón a xustiza, pode toma-la “xustiza pol-a man” a modo de xusticeiro, como aquel poema de Rosalía de Castro na súa obra Follas Novas?; ¿Temos as veces a sensación que “sempre fannas os burros e páganas os arrieiros”?; ¿É o mesmo que a un lle declare un xurado popular, non culpable que ser inocente?
            Finalmente podemos preguntarnos con xusteza: ¿É xusta as veces a propia Xustiza? Dixi. Ipso Jure.

No hay comentarios: