día y hora

lunes, 26 de marzo de 2012

XIV EDICIÓN DO ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO DE MEIRO

Coas miñas amigas Nely e Vicki, en Meiro-Bueu

a cesteira de Meiro
o carro de bois
Tivemos  moita sorte este fin de semana. Para nós foi un “fin de”  cinco estrelas, porque mesmo xuntáronse tódalas estrelas do firmamento en apenas día e medio. Visitamos a fermosa  cidade de A Coruña, convidados a un hotel de cinco estrelas; fumos quen de asistir i escoitar a nosa estrela máis escintilante no panorama da música clásica como é a  Orquestra Sinfónica de Galicia, interpretando  dúas pezas marabillosas: “Unha noite no Monte Pelado, de Modest Músorgski”, e mais a “sinfonía nº1, en do menor, op.68 do compositor Johannes Brahms”. E por último, despois de pasarmos a visitar o meu cuñado e coñecer a súa fermosa boutique-estrela que acaba de nacer- en Bertamiráns, perto de Santiago de Compostela, fumos a rematar a festa  tapeando un pouco en Meiro-Bueu-, onde celebrouse a  XIV edición de esta Festa  que ven a representar as sete estrelas do norte no mundo gastronómico e popular da Nosa Comarca, “O millo Corvo de Meiro”. Pedimos de todo: empanada de millo de polbo, de berberechos; pan de millo; agarimosos doces feitos con millo corvo, etc. ¡ Qué maís  se pode pedir! Ata o vindeiro ano.



a coroza


No hay comentarios: