día y hora

lunes, 26 de marzo de 2012

O CICLO DOS SEIS SENTIDIÑOS-"FALAR POLAS ORELLAS"-


FALAR  POLAS  ORELLAS

Meu amigo Toñito díxome: Estou seguro que tes na recámara outros artigos adicados aos nosos cinco sentidos e, deste xeito, completar o ciclo iniciado ao falares dos “cheiros”. Eu díxenlle: Pois sí, pero erras nunha cousa, nos temos non cinco, senón seis sentidiños. Se tes un pouco de paciencia voucho  demostrar nos vindeiros días. Será toda unha sorpresa. Para este noso sentido do oído faremos uso, coma sempre, do noso dicionario máis universal, o Xerais da Lingua, e outro de X.L.Franco Grande, o dicionario Galego-Castelán-edición 1981-. Este tema estará adicado en exclusiva ao mundo apaixonante dos nosos políticos.
No período electoral, sacan todo o seu aparello mediático á rúa, que mesmo hai intres que abóuzanlle a un os ouvidos. Decididamente falan polas orellas nos seus mítines e comparecencias públicas, senón mirade o que aconteceu  nos derradeiros  comicios  en Andalucía e Asturias. Agora si, pasa a festa e tamén a romaría; e as promesas e os cumpridos que fixeran nos estrados pasan a mellor vida; e xa bendecidos polas urnas nas súas poltronas do poder e nos seus despachos fan coma quen ouve chover as peticións de mellora da sanidade, servizos públicos, etc.
Recoñezo que eu  presenciei algún que outro mitin, máis de oínte que convencido das propostas de intencións que largaban polas súas bocas, porque xa sabía por experiencias pasadas que os unicornios só existen na imaxinación das persoas. Pero xamais vin aos nosos políticos que baixaran as orellas ante tanta desesperación da xente por non atoparen traballo, por exemplo; e sí escoitei mesmo como espallaban as súas miserias aos catro ventos, uns contra os outros.
Iso si, míranse na televisión con unhas orelleiras de moito coidado; e mesmo podemos demostrar científicamente que algún son orelludos sen mais. En definitiva, nós os coitados cidadáns o que pretendemos é escoitar propostas cribles e non imposibles, porque, as veces, semella que os nosos políticos andan máis preocupados en roer na orella que en solucionarmos os problemas verdadeiros. Temos que aguzar ben as orellas.

No hay comentarios: