día y hora

viernes, 6 de julio de 2012

O bardo da illa de Aunios-1ª Parte- IV. O Pacto de Hospitalidade


IV. O Pacto de Hospitalidade



Unha vez na aldea, o pequeno Brion presentou a Morlinguer aos seus, primeiro á súa nai Eburia e despois ao seu pai Calviño, porque nesta illa a muller é a matriarca i é a primeira no estrato social. Despois presentoulle aos seus irmáns, curmáns e demais familia. Coma non podía ser doutro xeito, aceptáronno na súa tribu coma novo membro e asociado dándolle o rexistro de entrada correspondiente gravando o nome de Morlinguer nunha laxe no medio da vila. Así é coma coñecemos hoxe os nosos afamados petroglifos.

            Coma xa sabedes estes pactos de hospitalidade eran moi frecuentes naquela época e viñan a ser  coma unha aperta  sinceira e incondicional entre o extraño ou extranxeiro e o grupo familiar ou comunidade, mantendo deste xeito a cohesión social do grupo.

Despois de facer as presentacións oportunas, Eburia a matriarca e xefa do clan dos Brións  preguntoulle ao noso Bardo:

-Por certo, ti daquela que facías na túa vila aló en Ériu?

- Eu era mestre de nenos e tamén de adultos. Ensinaba filosofía, dereito,  cencias naturais, astronomía, música e mesmo toco a arpa e a ocarina, agás de compoñer algunha poesía de cando en vez cando estou inspirado.

- Ou sexa, ti daquela eres multifacético, non sí? Preguntoulle Eburia.

- Pois podemos decilo deste xeito tan doado, respondeu Morlinguer.

-Bueno, dixo Eburia, teremos que facer a presentación oficial na nosa Comunidade coma manda a tradición: haberá que facerlle unha ofrenda aos deuses no Nemeton da illa.

 Aquí non había deuses con un nome definido, nin Lung, nin Long nin farrapos de gaita, porque os Brións mesmo un día  adicábanlle a ofrenda ao Carballo da Golvada, que ao seguinte ao lago Lametremias, que dous días despois á praia de Lagoelas, dependendo do día e tamén da posición da lúa e as mareas.



A Morlinguer subíulle un arrepío polo corpo lembrándose das ofrendas de animais e incluso de homes, mulleres e nenos, que adoitaban facer de cando en vez na súa aldea de Galwing, e que coma xa sabedes non lle gustaba nadiña. O que non sabía o noso amigo Bardo era a qué tipo de ofrenda referíase a Xefa dos Brións.


No hay comentarios: